Galicia repunta preto de 200 casos activos novos nesta pasada fin de semana

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 134 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.767, cun ascenso nesta fin de semana de preto de douscentos casos. A presión asistencial presenta estabilidade. Hoxe hai 33 (+4) persoas na UCI, e 166 (-3) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un estancamento logo do ascenso durante a fin de semana. Hoxe hai 12 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 9 casos, con respecto ó pasado venres, ata os 226 casos totais. Os hospitais presentan un leve aumento, contando con 15 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (+1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES