Manuel Baltar manifesta que non cre na palabra de Villarino ante a situación política de Ourense

Pleno ordinario da Deputación Ourense desenvolto telematicamente pola situación Covid en que está Galicia. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Deputado CS); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe, en relación ás declaracións do secretario provincial socialista, Rafael Rodríguez Villarino, de apartarse para facilitar unha moción de censura no Concello de Ourense, que “a palabra de Villarino non vale nada”, e anque eu defendo “o máximo respecto polas decisión que tome calquera formación política, non nos fiamos de Villarino pola súa tremenda falta de credibilidade”.

Baltar lembra o que xa lle dixera ao secretario de Organización do PSOE en Ourense, Juan Carlos Francisco Rivera: que se Villarino se apartaba “en 5 minutos teríamos en Ourense un goberno de coalición (PP-PSOE); valeríanos calquera dos 9 concelleiros menos Villarino. Iso foi hai máis de catro meses, e en todo este tempo Villarino seguiu dando exemplos da peor política”, afirma Manuel Baltar, destacando que este “é outro escenario, e proba diso é que hai días lle negaron a petición sobre dedicacións que solicitaban os concelleiros e concelleiras do PP no Concello de Ourense”.

AVANTAR ACTIVIDADES