O Carballiño baixa ata os nove casos activos e San Cristovo de Cea mantén un so caso de covid-19

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 10. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e San Cristovo de Cea, únicos concellos con casos activos a día de  hoxe.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño baixa hoxe ó 9 casos activos, dous menos ca na xornada de onte e que durante a fin de semana, na que se mantiveron 11 casos activos. San Cristovo de Cea, mantén hoxe un positivo, cifra que se mantén dende o mércores día 14. O Irixo, a pesar de descender o pasado venres dos 4 casos a estar libre de covid, hoxe mantense no nivel medio de restricións ata a reunión de mañá martes do comité. Isto supón que a hostalaría pode abrir no interior, con 30% de aforo e exterior cun 50% de aforo.

E os demais concellos,  Boborás, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.