Inicio Actualidade VEIGA : O nome dunha parroquia carballiñesa na outra beira do Arenteiro
César Varela García : Son do Carballiño, orgulloso de ter pertencido ao grupo de mozos da A. C. AVANTAR, profesor de E. MÉDIO en CANGAS DO MORRAZO por moitos anos , onde pillou o millor da cultura da BEIRAMAR galega; que millorou o seu galego morando seis anos no Brasil, pasou outra gran tempada en Londres, e logo em contacto coa cultura musulmana en Ceuta, onde se xubilou. Sempre ollando mundo con ollos de galego e militando sempre nas filas do nacionalismo.
En Castela temos moitas terras chairas, pero só merecen o nome de VEGAS, aquelas que están á beira dos ríos, e por tanto poden ser regadas
O diccionario de Estraviz, recolle os seguintes
significados para VEIGA:
PUBLICIDADE ELECTORAL
(1) Planície
ou vale suave e fértil.
(2) Terreno
plano, bom, de lavradio.
(3) Grande
chaira de terreno comunal.
(4) Leira
destinada à sementeira de milho, batatas, etc.
(5) Lavradio
onde vários vizinhos têm uma parcela.
(6) Terreno
sempre húmido, normalmente com outono.
estar na
veiga: o mesmo
que estar na horta, não tomar consciência ou perceber o que sucede.
veiga com
fame: veiga ou
terreno pouco estercada.
veiga da
porta: veiga que
está junto à casa. Eixido.
[pré-romana, baika]
Estraviz recolle a etimoloxia de
BAIKA que recoñece como pré-romana, se cadra, ibérica, ou do vasco IBAI ( o
rio ); ainda que outros etimoloxistas deriban do latino VADICA
( terra de paso transitábel), de VADERE
e VADUM. Non obstante non hai consenso para certificar unha orixe certa
diste nome de VEIGA, tan usado na nosa
Terra .
Desde neno coñezo esta parroquia pois nela,
o meu pai exerceu como mestre moitos anos.
Na procura das orixens deste poboamento, atopamos o seguinte documento do
ano 1445 asinado polo abade do poderoso mosteiro de Oseira:
“Anno do
nasçemento do noso Sennor Jhesu Christo de mil e quatroçentos et quoreenta et
çinco annos, o postromeyro dia do mes de dezenbro.
Sabeam quantos esta carta viren como eu,
Alvaro de Senorin, morador en a fregesya de San Ioanne d’Arcos, que presente
soon, por min e por minnas vozes et segundo que o eu tenno aforado de Gonçalo
Sanches, o lugar de Paaço et do Canpo, que estan e andan de pan, que estan na
dita fregesya,……………………
…….Nos, dom
frey Ares, abbade d’Oseyra”
É ben curioso que nesas datas non aparece o nome da que hoxe é a parroquia
de VEIGA, ainda que sí se nomean os actuáis lugares de, O PAAZO, e, O
CAMPO, dos que se detalla que están a pan, ou sexa os seus cultivos son de
centeo e trigo, ambos de secano.
Tamén é de salientar o grande que era daquela a parroquia de Seoane, que
abranguía todo a Veiga de hoxe.
E nela moraba o tal de Álvaro de Señorin, que aforaba terras no PAZO e no
CAMPO.
Nós, sustemos a idea de que o
significado orixinal da palabra VEIGA está unido á presenza de agua no lugar.
A parroquia de VEIGA linda co
Arenteiro, pero ao estar o rio nun nivel mais baixo non usa as suas águas para
a réga.
O sentido de “chaira”, “ terreno plano”, “lavradio compartido” ou “ leira
de millo e patacas ” que se apontan no diccionario deberon ser posteriores ao
sentido determinante que é, ser terra de regas, húmeda e abondosa en aguas.
En Castela temos moitas terras chairas, pero só merecen o nome de VEGAS
aquelas que están á beira dos ríos e por tanto poden ser regadas.
Volvendo á VEIGA da miña infancia, observamos que no documento do ano 1445
non aparece chamada por tal nome polo abade de Oseira, e especifica que son
terras de “pan ” e polo tanto non precisaba de ser regadas.
Sempre está na miña lembranza cando chegaba o mes de xuño os camiños da
aldea ficaban transformados nuns provisorios ríos ao abrirlle as comportas a
uns reservoiros de agua que, na parte alta da aldea se xuntaban ao desviar o regueiro que viña do lugar das
LAXAS.
Era o sistema de rega daqueles
tempos !
O caso era que a agua chegaba para fecundar os lavradios , cuase todos de
millo e patacas.
Aí, era onde a aldea mereceria o seu nome actual, ou sexa, A VEIGA.
Imaxinamos pois, que no ano do documento, 1445, eran terras de séca, pero
depois da descuberta de América, chegou un novo cereal, o “maíz” e un novedoso tubérculo, a pataca.
O “ maíz” loguiño desplazou ao antigo “painzo” que ficou co nome de “millo
miúdo ”, para distinguilo do recén chegado, millo americano, ou “ millo
graúdo”.
Imaxinamos que coa chegada do cereal americano deberon inzar polo País unha
chea de topónimos VEIGA, para atender os novos cultivos de alén do mar.
Chegados aquí, e dado que os académicos non atinan coa orixe certa da
verba, é onde imos ser tan ousados de propor
a orixe etimolóxica das nosas VEIGAS, no verbo latino BIBO, BIBERE no
sentido de terras suceptíveis de seren EMBEBIDAS ou humedecidas.
TERRA BÍBICA > BÉBIGA > BÉUIGA > BEIGA
A vocalización do segundo -B- foi históricamente posíbel se pensamos en
BÉBEDO > BEUDO > BEODO.
Hai uns meses, no parlamento asturián , un diputado, nativo do concello da
VEIGA do Eo, hoxe chamado de VEGADEO, foi quen de expresarse no seu galego
natal diante da incomprensión xeral para aceitar as falas naturais das xentes.
Asimesmo ao pé, está o lugar de, AS FIGUEIRAS , hoxe castrapeado en
FIGUERAS; porque non completar a deturpación a LAS HIGUERAS ?
Qué forte é a ánsia de laminar todo o que poida soar
a galego !
Qué haberá de desacougante en recoñecer a galaica
orixe ? Non será que se cadra faise
evidente algunha falsedade histórica ?
Na mesma liña de pensamento, o VIVIGO de Cudillero, ou o VIVIÑO de Cedeira, il non procederán
de un terreno BIBICO ou BIBINIO ?, mallando na mesma idea de terras “embebidas
”, ou cheas de “lentura”.
Se tivermos atinado nesta orixe, a cousa non fica
por aquí, pois daría a explicación de outros topónimos controvertidos como
VIVEIRO ou VIVEIRÓ;
Mas, deixemos o conto para un próximo traballo!
————————————————————————————————–
Outros artigos de César Varela :
Máis dous españois pillabáns : Pepe Blanco e Montilla
A Pena dos Namorados : Amor ou confinamento ?
O NOME DE LAVANDEIRA : Pouco a ver coa auga
PARTÓVIA: posíbel orixe do seu nome