O Riberio mantén a mesma situación da covid ca na xornada de onte

O Ribeiro mantén a mesma situación ca onte. Cortegada conta hoxe con oito casos activos, os mesmos ca dende o pasado mércores. Hoxe presenta o máximo da comarca.

Cortegada mantén o nivel alto de restricións. Isto supón que a hostalaría so poderá servir en terrazas cun 50% de aforo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribadavia mantén hoxe unha soa persoa contaxiada, a mesa situación ca dende o pasado xoves. O concello de Beade conta hoxe cun so positivo, mantendo a mesma cifra dende a semana pasada. Recordamos que Beade fixo fronte a un brote de 7 persoas que o puxo coma único concello galego en nivel máximo de restricións.

Os demais concellos, Leiro, Melón, Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.