I Cada día hai unha actividade gratuíta en directo en Afundación TV dirixida á poboación sénior
Afundación, a Obra Social de ABANCA, renova os contidos do seu programación de « 60 online», co obxectivo de manterse activo en casa, conectado e evitar situacións de vulnerabilidade, dada a situación de maior illamento provocada pola pandemia, que se intensificou coas novas restricións.
Mañá, luns 19 de abril, e de modo semanal, iníciase «Ponte ao día co teu móbil ou tableta». Os mércores será a quenda de «Cociña e nutrición: receitas lixeiras e novidosas para primavera». Os xoves emitirase o taller para activarse fisicamente desde casa e mellorar a saúde, «Actívate en casa». «A saúde tamén está nas túas mans», todos os venres, abordará cuestións actuais referentes ao ámbito da saúde e de benestar.
A PROGRAMACIÓN
«+60 en liña» inclúe propostas con diversas temáticas e en diferentes canles, adaptadas ás necesidades, preferencias e ás diferentes competencias dixitais das persoas maiores, de modo que se poidan conectar simplemente desde un teléfono móbil e participar en calquera das actividades programadas. Toda a información sobre o programa está dispoñible aquí.