Localizado con vida o home de 88 anos desaparecido en Coles

O veciño de Pereira San Eusebio, Coles, que faltaba do seu domicilio desde as 16.00 horas de onte foi atopado en perfecto estado de saúde hoxe pola Garda Civil no concello de Carballedo na provincia de Lugo. Os axentes localizaron primeiro o coche e posteriormente o veciño que lles manifestou que fora de compras