A Garda Civil de Leiro investiga a un veciño que circulaba sen autorización

A garda civil de Leiro tomou declaración como investigado a J.P.P., un veciño de 57 anos, como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico cando foi sorprendido conducindo un ciclomotor na estrada OU-402, ó seu paso por Arnoia, sen ter obtido nunca autorización.