Ribadavia destinará 20.000 euros a axudas sociais para necesidades básicas

O Concelllo adopta estas medidas urxentes en forma de axudas a aquelas persoas que máis o necesitan e están sufrindo nesta crise. A axuda económica do Concello de Ribadavia será periódica durante os meses de xuño a decembro de 2021, co obxetivo de complementar os recursos e prestacións para a cobertura das necesidades básicas de alimentación, hixiene, farmacia, vestimenta,  así como gastos de pago de aluguer, hipoteca e pago de suministros da vivenda habitual sita en Ribadavia.

O Concello ten previsto que esta axuda se estableza de maneira permanente coma un dereito social para aqueles veciños empadroados que máis necesidade teñen. As axudas poden xustificarse con gastos de vivenda tales como aluguer, e facturas de luz e auga da vivenda, así como calefacción.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, poden xustificarse gastos en necesidades familiares básicas en establecementos minoristas con domicilio social no Concello de Ribadavia, que venda produtos relacionados co obxecto da axuda alimentación, hixiene, farmacia e vestimenta.

As solicitudes serán resoltas pola Xunta de Goberno Local, tendo en conta os criterios económicos do baremo estipulado e en base aos ingresos mensuais das familias e a un informe social realizado polos servizos sociais do Concello de Ribadavia.

O prazo de presentación e xustificación das solicitudes será do 1 de xuño ata o 23 de decembro.Con esta axuda o Concello de Ribadavia chegará a moitas máis persoas, que outras axudas sociais de outras Administracións non chegan, xa que o Concello reduce baremos esixidos de ingresos mensuais para chegar a máis xente.


 O Concello ten unha partida de 20.000 euros, supoñendo un esforzo moi importante en proporción á o tamaño e poboación de Ribadavia, sendo unhas axudas municipais moi ambiciosas e avanzadas que poucos Concellos dispoñen actualmente. A poboación destinataria estimada será como mínimo de 40 persoas, que de non ser polo Concello quedarían excluídas de outras axudas.

Baremo de IngresosAxuda económica
Familia de 1 membro 50 €/mes
Familia de 2 membros 100 €/mes
Familia de 3 membros 160 €/mes
Familia de 4 membros ou máis 200 €/mes
Baremo de Ingresos
Familia de 1 membro: 100% do IPREM                                                  565 €
Familia de 2 membros: 130% do IPREM                                                         734 €
Familia de 3 membros: 150% do IPREM                                                         847 €
Familia de 4 membros ou máis membros: 160% do IPREM                          904 €