O concello de Cea pide colaboración ca limpeza de residuos voluminosos

O concello de Cea asegura que seguen loitando cos enseres “tirados” de forma pouco responsable en diversos puntos do municipio. Lembran que voluminosos e mobles, roupa e calzado e equipamentos electrónicos e electrodomésticos son recollidos no Punto Limpo (estrada Carballiño a Cea, ao lado da Mancomunidade) ou no propio domicilio totalmente de balde. Informan que o procedemento é moi sinxelo, chamando ó teléfono 988 282 000, indicando os datos persoais e establecendo unha data para a recollida.