O concello de Ribadavia busca solucións a situación do campo do Xestal.

A empresa que executou a obra comprometeuse co concello a buscar posibles solucións á mala situación do terreo do xogo.

Desde o concello de Ribadavia non renunciaremos a exercer todos os medios que teñamos a disposición para reclamar unha solución verdadeira en base á garantía da obra.

AVANTAR ACTIVIDADES

A empresa construtora realizará unha serie de melloras sen ningún custe para o concello e sen ningún tipo de contraprestación nos dereitos que o concello ten a exercer a garantía dun proxecto que no seu día non se debera ter recepcionado polo goberno municipal de entón.

Unha vez remate a temporada de fútbol a empresa realizará unha mellora da rede de rego, mediante impulsión con pozo de bombeo. o prazo de execución será de 1 mes e conta cun orzamento de case 25.000 euros.

Así, a empresa cos seus propios recursos, e sen ningún custe para o concello, realizará unha nova intervención, insistimos que sen custe para o concello:

–         mellora da recollida de augas pluviais, reforzo de canaletas e instalación de deposito para recollida de augas pluviais.

–         significará que no verán poderemos aforrar 45.000 litros de auga para o rego do campo, a través do aproveitando da auga da chuvia para regar o campo.

–         así mesmo, reforzarase con tuberías quen enchan o deposito.

Esta proposta que fai a empresa é froito das conversas que o goberno municipal iniciou desde o comezo do novo mandato co obxecto de mellorar a situación do terreo de xogo do Xestal. O concello trasladamos desde o primeiro momento a necesidade de arranxar a situación do campo.

Desde o concello reiteramos que utilizaremos todas as canles disponibles que teñamos  para conseguir que se arranxe o xestal. esta obra que propón a empresa non supón un cambio nesta decisión, daremos as oportunidades que fagan falta sempre co obxectivo de solucionar un problema do que nós non somos responsables.