O xurado dará a coñecer mañá o fallo dos Premios Antón Losada Diéguez

A 36ª edición dos Premios Antón Losada Diéguez decidirá este sábado o fallo deste ano. Na modalidade de creación literaria, presentáronse ó galardón unha trintena de obras, e na modalidade de investigación e ensaio, 18 pezas. O xurado reunirase este ano no concello do Carballiño, quedando citados para mañá sábado pola mañá.

Este xurado estará presidido polo concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño, Diego Fernández, e composto por un representante de cada unha das institucións culturais que participan: Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Museo do Pobo Galego, Deputación de Ourense e das universidades de Santiago, Vigo e A Coruña e Concello de Boborás.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os premios serán entregados o vindeiro 12 de xuño no Pazo de Moldes, nun acto aínda sen especificar.