Brais Fidalgo voceiro do Concello de Ribadavia resposta a nota do PP sobre a Porta Nova

Resposta á nota desinformativa do PP de Ribadavia.

– Paradóxico que o portavoz do PP teña información dunha Administación antes que o Concello de Ribadavia, que é a Administración interesada e solicitante.

AVANTAR ACTIVIDADES

– A Xunta non denegou aínda nada, no Concello non consta, só fixo un requerimento de modificar un proxecto que o Concello presentou nun prazo de dous días. Mentres outros Concellos tiñan con antelación preparados proxectos, o novo goberno na súa primeira semana tivo que acelerar todos os tramites para poder presentar a solicitude, pois estamos a falar de subvencións de concorrencia non competitiva, o que ocasiona que a Partida orzamentaria se esgote coas primeiras solicitudes.

– Isto é o que fixo o novo goberno coa presentación in extremis ao atoparse que o anterior goberno non tiña nada preparado, polo que tivo que presentar unha solicitude antes de que se rematara o orzamento, mentres que outros Concellos tiñan proxectos preparados, o anterior goberno nada tiña.

– Unha impostura total a de César Fernández que critique que o actual goberno solicitara esta subvención, cando esta mesma subvención da Xunta non foi solicitada no anterior ano (2020) polo goberno do PP. É máis, só no ano 2020 o Concello de Ribadavia sendo alcalde César Fernández viu denegadas 5 subvencións de concorrencia competitiva da Xunta:

1. Subvención para colectores soterrados.

2. Subvención para equipamento de Emerxencias Municipais.

3. Subvención para equipamento de Bibliotecas.

4. Subvención para a mellora de viais no Parque Empresarial.

5. Subvención para a xestión de residuos no Parque Empresarial.

6. Subvención para os Obradorios de emprego 2020.

– Tamén paradóxico que o informe sectorial de Patrimonio da Xunta tardará máis de 20 días, chegando este informe o último día do Prazo e pedindo modificacións que non se advertiran antes, informe sectorial que antes tardaba un par de días en chegar ao Concello.

– Desde o Concello informamos que aínda está o procedemento aberto e non foi resolto, polo que nos estraña que o portavoz do PP teña esta información, ou afirme que se perdeu esta subvención, cando aínda non se resolveron nin se notificou resolución ao Concello.

Desde o Concello informamos que esta obra vaise realizar si ou si, e farase con esta subvención da Xunta ou a través de outros recursos, aínda que César Fernández a intente boicotear vaise realizar.

– Semella que o PP de Ribadavia celebra que a Xunta tardara máis de 20 días en entregar un informe que antes tardaba 2 días. Temos constancia de que o portavoz do PP dedica o seu tempo a pasearse polas Administracións para interesarse polas subvencións que solicita o Concello, e podemos imaxinar con que propósito, visto as afirmacións do PP que terxiversan a realidade.

César Fernández debería dedicarse máis a traballar a favor de Ribadavia e do Ribeiro, polo que en teoría cobra 60.000 euros da Deputación.

– Este goberno local demostrou máis capacidade de xestión e de traballo en só dous meses, que o ex alcalde do PP e actual dirixente do Baltarismo en dous anos. Oxalá nos dous anos pasados, se paseara tanto polas Administacións a interesarse polo proxectos de Ribadavia como fai agora na oposición con propósitos escuros.

Mentres uns están a destruír, nós seguiremos a construír e a traballar para unha Ribadavia mellor.