Manuel Baltar lamenta o falecemento do pedagogo José Paz, “un intelectual comprometido con Ourense e coa cultura universal”

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con José Paz Rodríguez (Mestre Universitario e especialista na obra de Rabindranath Tagore).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, lamentou hoxe o falecemento do pedagogo, profesor e intelectual ourensán José Paz, propietario da biblioteca máis importante que existe en España sobre o escritor Rabindranath Tagore, na cal recompilara máis de 30.000 volumes en seis décadas de traballo. Baltar destacou del “o seu importante papel na cultura de Ourense como dinamizador, estudoso e investigador”. “A súa obra, traxectoria e legado terán a consideración á que el aspiraba”, afirmou o presidente do goberno provincial, comentando que “nas últimas reunións que mantivemos expresoume a súa dispoñibilidade para ceder todo o material co que contaba, tanto no que respecta a Tagore como no referido a outras áreas como a investigación pedagóxica ou a súa colección cinematográfica, co obxectivo de que ese coñecemento puidese transmitirse ás próximas xeracións”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Déixanos unha gran personalidade cultural, que transmitía bonhomía, xenerosidade, honestidade e xustiza”, subliñou Baltar, “por iso queremos lembralo, e desde a Deputación de Ourense poñémonos ao dispor de calquera iniciativa que teña como obxectivo homenaxear á importante figura intelectual que foi e seguirá sendo José Paz, por cuxa memoria traballaremos para que se fagan realidade as súas últimas vontades e os proxectos culturais que compartira coa Deputación. A súa desaparición física outórgalle unha nova forza polo compromiso que tiña con Ourense e coa cultura universal”, expresou Manuel Baltar.