O BNG acude á xuntanza dos fondos Next Generation convocada na Deputación de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 Bernardo Varela acudía con ánimo constructivo, trasladando necesidades provinciais que deben abordarse con estes fondos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, acudía esta maña á xutanza convocada pola Deputación de Ourense para abordar a xestión dos fondos Next Generation. “Nos participamos con ánimo constructivo.” Declara Varela

 O voceiro nacionalista trasladou algunhas das necesidades das que adoece a provincia, e aportou algúns temas que deben ser tidos en conta a nivel provincial na xestión destes fondos, como a mobilidade a privincial; o apoio a centros de transformación que participen nas pequenas explotacións implantadas no rural para facer elaboracións dos seus productos con rexistro sanitario; a necesidades de aforro enerxético, con achegas aos concellos que promovan a efeciencia enerxética nos municipios tanto en iluminación como de quecemento, entre outros.   

Porén, para Varela “o que fica máis claro da xuntanza é que desde a Deputación como do resto de ámbitos, non hai nada claro de como vai ser o reparto deses fondos, nin cales van ser os obxectivos que marque o goberno do Estado”