Medio Rural poda árbores de varias zonas do núcleo de Boborás

Esta fin de semana, a brigada de Medio Rural da Deputación de Ourense realizou traballos de podas en diferentes áreas do municipio de Boborás. Dende o concello afirman que reclamaron este servizo xa que os traballos eran moi necesarios e moitas das árbores levaban tempo sen podar.

O concello agradece a colaboración gratuíta da entidade provincial, e aseguran que seguirán solicitando este servizo, altamente demandado polos municipios da provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES