O UKP Day, Festival do Ukelele, abre hoxe a súa venda de entradas online

O Festival do Ukelele, UKP Day, celébrase dende fai cinco anos en Ribadavia o día 5 de xuño. Este ano, manterán a súa celebración, con aforo limitado. O cartel conta ca presencia de Enric Montefusco e Néboa.

As entradas sacáronse a venda na xornada de hoxe, a través da plataforma de venda online Woutick. A entrada xeral ten un custo de 10 euros máis gastos de xestión e, a entrada con carné xove ten un custo de cinco euros máis gastos de xestión.

AVANTAR ACTIVIDADES