O BNG de Ribadavia teme que ampliar a gratituidade do parking reduza a rotación de vehículos

Case todos os puntos recollidos na ordenanza de tráfico que o grupo de goberno de Ribadavia propón para a súa aprobación no pleno de mañá xoves 29 de abril foron consensuadas por todos os grupos representados no Concello, e que forman parte da Comisión municipal de tráfico, durante distintas reunións realizadas durante este mandato.

O BNG asegura que a versión de definitiva foi elaborada polo actual grupo de goberno sen que se convocara a Comisión de tráfico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con todo, amosaron dende a formación o seu acordo nos puntos que xa se avanzaran na Comisión:

– Limitación a residentes da circulación e estacionamento no Casco Histórico

– Establecemento de liña azul gratuíta e con limitación de tempo de estacionamento na marxe dereita da rúa Progreso en sentido ascendente

– Limitación de estacionamento no perímetro do Castelo

Sen embargo, estas medidas, que supoñen unha redución na dispoñibilidade de prazas de aparcamento aos non residentes, consideran dende o BNG que deberían ir acompañadas de máis aparcadoiros en terreos próximos ao centro da vila, onde se atopan numerosos soares sen uso por parte dos seus propietarios.

Asemade, amosaron a súa preocupación pola ampliación do tempo de estancia gratuíta para os vehículos no aparcadoiro subterráneo da Alameda. Aseguran que podería levar a unha menor rotación dos vehículos e con elo a redución do número de vehículos que o utilizan ao longo do día.