Aumento a 2 horas de gatuidade no aparcadoiro municipal, creación de zona azul na rúa Progreso, creación dunha Área de Circulación Restrinxida na zona monumental, reforzando o seu carácter peonil, e creación de zonas de estacionamento exclusivo para residentes do casco histórico.
O Pleno aprobará este xoves melloras na Ordenanza Municipal de Trafico. O goberno trasladou a súa proposta o xoves pasado a todos os grupos municipais para que fagan as súas achegas, pois a intención do goberno local é asumir todas as propostas e intentar aprobar estas modificacións de mellora co máximo consenso posible.
A maioría destas propostas xa foron reivindicadas nesta lexislatura polos grupos que agora conforman o goberno, e ademais son froito do diálogo co sector do comercio e turístico de Ribadavia.
A modificación de mellora abordará, entre outras moitas medidas, as seguintes:
– Creación duha Zona de hora azul na rúa Progreso, na parte dereita sentido ascendente. A intención é dinamizar esta rúa comercial, establecendo un tempo máximo de 1h e 30 minutos, facilitando o estacionamento dirixido ao comercio e hostalería.
– Crearase unha Área de Circulación Restrinxida (ACIRE) en todo o casco histórico de Ribadavia, reforzándose o sentido peonil de toda a zona monumental.
– Crearanse Zonas de estacionamento para residentes do casco histórico, debido á prohibición de aparcar en toda a zona monumental, para compensar dita prohibición estableceranse zonas de estacionamento exclusivo para os seus residentes. Estas zonas serán na rúa Extramuros, Rúa San Martín/Porta da Vila e Rego de Auga.
– Así mesmo, aprobaranse descontos nos bonos do aparcadoiro municipal para residentes do casco histórico.
– Aumentarase a 2 horas o tempo gratuíto no aparcadoiro da Alameda, aumentando unha hora chegase a dúas horas gratis no aparcadoiro público de Ribadavia. A intención é facilitar as compras no comercio local de Ribadavia, aumentando ata dúas horas de parking para aquelas persoas que compren ou consuman en Ribadavia.
O Concello fai unha aposta decisiva para respaldar o comercio local intentando facer moito máis accesible e comodo parar e aparcar en Ribadavia, así mesmo, outra das apostas firmes do Concello é en facer máis comodo vivir na zona monumental creando zonas exclusivas para os seus residentes e comercios.
Esta aprobación será a primeira das modificacións que o goberno local ten prevista na lexislatura, xa que estas novas medidas estarán sometidas a avaliación do seu funcionamento, para no futuro poder abordar novas modificacións semellantes na rúa Ribeiro, na Zona da Veronza e na rúa do Carballiño, onde se comezou a dialogar con veciños e comerciantes para abordar tamén posibles melloras na ordenanza.
