Afundación TV retransmite en directo para escolares a obra As fabas máxicas desde o Teatro Afundación Vigo

I A obra de teatro será emitida, tamén en lingua de signos, para 75 colexios de diferentes puntos da xeografía española e ante máis de 4300 estudantes

I Esta peza teatral, de Caramuxo Teatro, aborda un dos clásicos da literatura infantil no que destaca o papel do enxeño, do valor e da solidariedade

AVANTAR ACTIVIDADES

Afundación TV retransmitirá mañá 28 de abril ás 10.00 h a obra de teatro para escolares As fabas máxicas, unha interpretación do clásico da literatura infantil. Ademais de contar con interpretación simultánea en lingua de signos, esta peza, desenvolvida pola compañía Caramuxo Teatro, busca reforzar entre os escolares a importancia do enxeño, do valor e da solidariedade. Con estas actividades escénicas para escolares, Afundación busca incidir no fundamental que resulta para a nosa sociedade promover unha educación asentada en valores éticos de respecto cara ás demais persoas e a contorna que habitamos. Nesta ocasión, máis de 4300 estudantes de 75 colexios de diferentes localidades da xeografía galega gozarán desta proposta. Así, participarán alumnas e alumnos del CEIP Plurilingüe Virxe da Luz, CEIP Vistahermosa, CEIP Plurilingüe Otero Novas, CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, CEIP Mestre Vide, CEIP Virxe de Guadalupe, CPR Plurilingüe La Purísima, CEIP Sarreaus, CEIP Plurilingüe dos Blancos, CEIP De Manzaneda, CEIP de Nosa Señora de Xuvencos, CPI Virxe dos Remedios, CEIP de Punxín, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Virxe da Pena da Sela, CEIP Curros Enríquez ou o CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui.

Co convencemento de que agora máis que nunca os nenos e nenas en idade escolar deben contar coa proximidade das artes, a cultura e a formación multidisciplinar como canle para o crecemento persoal e o desenvolvemento social, e, ao mesmo tempo, o corpo docente, con novas ferramentas e apoio para afrontar o cambio de paradigma no labor da docencia derivado da crise sanitaria actual, o equipo da Área Educativa de Afundación, a Obra Social de ABANCA, deseñou unha completa e innovadora programación de actividades educativas para o curso 2020-2021, adaptada á nova normalidade, xa que incide especialmente na posibilidade de participar nas propostas sen necesidade de saír da aula. A oferta ten como obxectivo reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas, como unha ferramenta que complemente os programas curriculares dos centros escolares e fortaleza dimensións tan imprescindibles como a cultural, social e ética.