O Carballiño, único concello da comarca con covid, mantén seis casos activos

A comarca mantén hoxe o número total de casos activos de coronavirus nos 6. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño que hoxe converteuse no único concello da comarca con coronavirus.

O Carballiño mantén 6 positivos hoxe, a mesma cifra ca dende o pasado día 26 de abril. San Cristovo de Cea, que mantiña un caso activo dende o mércores día 14, quedou hoxe libre de coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES

E os demais concellos,  Boborás, Maside, O Irixo, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

Todos os concellos están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.