Os corpos de seguridade poñen 124 propostas de sanción nunha semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu esta mañá a reunión do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria. No encontro, celebrado na Subdelegación do Goberno, participaron responsables da Garda Civil, da Policía Nacional, da Policía Autonómica, da Policía Local de Ourense e representantes da Subdelegación do Goberno e da Xunta de Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na reunión, as forzas e corpos de seguridade fixeron balance das actuacións realizadas desde o pasado xoves para vixiar o cumprimento das medidas aprobadas polo Goberno autonómico. En total, do 22 ao 28 de abril a Garda Civil e a Policía Nacional realizaron 321 controis e 135 inspeccións en establecementos de hostalaría. Nos dispositivos identificouse a 1.290 persoas, controláronse 964 vehículos e eleváronse 124 propostas de sanción.

O subdelegado do Goberno anunciou que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado continuarán establecendo dispositivos de información e de vixilancia para garantir o cumprimento das normas establecidas pola Xunta de Galicia, en especial, durante o horario nocturno. Así mesmo, indicou que se manterán os operativos para controlar o peche perimetral dos concellos de Cualedro e de Carballeda de Valdeorras, posto que continúan no nivel máximo de restricións decretado polo Goberno autonómico.

Por último, Emilio González sinalou que, a pesar da boa marcha da campaña de vacinación contra o coronavirus e de que a gran maioría da cidadanía ourensá cumpre coa normativa sanitaria, “é fundamental seguir sendo prudentes como ata agora, non podemos baixar a garda”. O subdelegado incidiu na necesidade de facer un uso correcto da máscara, manter a distancia interpersoal e limitar a mobilidade en horario nocturno.