Ourense repunta os casos activos e eleva a 11 as persoas ingresadas en coidados intensivos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 211 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.122, o que amosa un leve repunte de case un centenar de casos. A presión asistencial presenta un equilibrio. Hoxe hai 44 (+3) persoas na UCI, e 174 (-10) ingresados nos hospitais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un repunte xeralizado. Hoxe hai 27 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra suba con respecto a onte en 10 contaxios, ata os 264 casos totais. Os hospitais presentan hoxe un incremento en coidados intensivos. Contamos con 20 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 11 (+1) na UCI.