A Andaina Solidaria da Festa do Pan de Cea celebrarase o día 27 de xuño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A quinta edición da Andaina Solidaria da Festa do Pan de Cea xa ten data no calendario. A cita será o próximo 27 de xuño. Así o adiantou a organización do evento, manténdose sempre pendentes da situación sanitaria. Anuncian tamén que nas próximas semanas darase a coñecer o protocolo do evento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O evento contará con dous percorridos, un de 10 quilómetros e outro de 20 e este ano discorrerá por unha nova zona do concello de San Cristovo de Cea. Esta iniciativa está destinada a colaborar ca Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e Outras Enfermidades Neurodexenerativas.