A comarca mantén hoxe o número total de casos activos de coronavirus nos 6. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño que hoxe converteuse no único concello da comarca con coronavirus, xa que San Cristovo de Cea, que mantiña un caso activo dende o mércores día 14, quedou onte libre de coronavirus.
O Carballiño rexistra hoxe 6 positivos, a mesma cifra ca dende o pasado día 26 de abril.
E os demais concellos, Boborás, Maside, O Irixo, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.
Todos os concellos están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.