O Psdeg-Psoe de Cartelle denuncia que o plan urbanístico anunciado polo PP converte case todo o municipio en solo rústico perxudicando “gravemente” á veciñanza

Os socialistas critican que anos de neglixencias do PP están causando “graves atrancos” en Cartelle, onde 30 anos despois máis de 1.000 veciños seguen agardando polos seus títulos de propiedade

O voceiro Jesús Pereira acusa aos populares de “afogar o futuro de Cartelle e da mocidade, impedindo que se desenvolvan zonas urbanas no municipio” e critica que os erros do PP “os pague a veciñanza”

AVANTAR ACTIVIDADES

O PSdeG-PSOE de Cartelle vén de denunciar que o plan básico de ordenación urbanística municipal que o PP presentou fai xa máis dun mes, xa está xerando “graves e importantes” prexuízos á veciñanza do municipio, como así lle fixeron saber aos socialistas. Dende o Grupo Municipal do PSOE xa avisaron o 10 de marzo “dos problemas que ía xerar este plan se non se ampliaba a delimitación das zonas urbanas”, motivo polo que consideran que este proxecto que o PP tentou colar “pola porta de atrás” é un “rotundo desastre”.

Dende o Grupo Municipal Socialista apuntan que na última comisión celebrada no municipio nestes últimos días e ante a ausencia de plenos, trasladáronlle ao grupo de goberno municipal, esixíndolle “solucións” posto que segundo o actual plan de ordenación “non deixan nada para poder urbanizar” e apuntan a que “converter en chan rústico a maior parte do municipio, provoca que non queden solares para poder construír”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Cartelle, Jesús Pereira, aproveitou a comisión para recriminarlle a senadora, ex alcaldesa e concelleira do PP, Carmen Leyte que “namentres que a súa casa e finca van a quedar en parcela urbana, miles de fincas de veciños e veciñas, e incluso solares enfronte e a carón da súa vivenda pasarán a ser rústicos”. O voceiro socialista considera que esta decisións “é gravemente prexudicial para a nosa veciñanza” e acusa aos populares de “afogar o futuro de Cartelle e da mocidade, impedindo que se desenvolvan zonas urbanas”.

Os socialistas critican que Leyte “puxese a pelota no tellado” da Xunta de Galicia, xa que na mesma comisión escusouse dicindo que “non había demanda urbanística no municipio”. “Agora hai pouca demanda, pero con este plan de ordenación non vai haber ningunha do futuro, o que afogara o desenvolvemento de Cartelle”, sinala Jesús Pereira.

Ante esta situación, a que se suma os 30 anos de espera que levan máis de 1.000 veciños para recibir os títulos das súas propiedades, trala concentración parcelaria realizada pola Xunta de Galicia, os veciños e veciñas de Cartelle atópanse “nunha encrucillada de difícil saída”, xa que tal e como apunta o voceiro “para facer reclamacións, hai que ter os títulos de propiedade, ou solicitar en estruturas agrarias un xustificante, coa demora que isto provoca”.

O voceiro socialista culpa directamente ao PP do que está acontecendo, afirmando que “por culpa dos numerosos despropósitos do PP ao longo dos últimos 30 anos, dos seus erros e da súa incapacidade na xestións, os prexudicados son os veciños e veciñas de Cartelle, que xa están fartos de esta situación”.