Bases para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir vacantes no posto de auxiliar de axuda a domicilio na Mancomunidade do Carballiño

Publicansoe hoxe no BOP a Convocatoria e bases para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir posibles vacantes no posto de auxiliar de axuda a domicilio na Mancomuniudade do Carballiño

Resolución da Presidencia do día 27 de abril de 2021, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir as posibles vacantes no posto de auxiliar de axuda no fogar.

AVANTAR ACTIVIDADES

Logo de aprobar por Resolución da Presidencia, con data 27 de abril de 2021, as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de dez días naturais, contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio en Boletín Oficial da Provincia

Achéganse as bases reguladoras da convocatoria:

O texto íntegro das bases reguladoras que rexerán a convocatoria atoparase publicado na sede electrónica desta mancomunidade:

http://mancomunidademunicipioscarballino.sedelectronica.gal

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica desta mancomunidade:

http://mancomunidademunicipioscarballino.sedelectronica.gal e, no taboleiro de anuncios.

Contra as presentes bases, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o presidente desta mancomunidade, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do ContenciosoAdministrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

BOP