O’Potiños prepara “Pon unha foto na rúa” e unha exposición sobre Pardo Bazán

A área de cultura do concello do Carballiño tamén presentou hoxe dúas iniciativas que pretenden dar un pulo a este sector tan afectado pola pandemia. Trátase de “Pon unha foto na rúa” e das actividades programadas para render homenaxe o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán.

O presidente de O’Potiños explicou a súa aportación para a homenaxe a Emilia Pardo Bazán, que consistirá nunha exposición fotográficas dos principais puntos que marcaron os seus lazos co Carballiño e ca súa peza literaria “O cisne de Vilamorta”. Esta mostra estará dispoñible dende o día 11 de maio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén se anunciou hoxe o evento “Pon unha foto na rúa”, un clásico do Carballiño e de Potiños. Cun estudio improvisado na rúa adoitan tomarse entre 250 e 300 fotografías que logo son regaladas ós seus protagonistas. Este ano ten a novidade dos retratos con máscara, personalizada co logo de Potiños, para recordar a pandemia.