Unha exposición rende homenaxe ó centenario da Revista Nós na praza maior do Carballiño

A exposición sobre o centenario da revista NOS pode visitarse na Praza Maior ata o 14 de maio. Son doce cubos que conteñen imaxes significativas desta publicación histórica creada por Antón Losada Diéguez e que tivo como principais referentes a Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Vicente Risco, entre outros.

A exposición está promovida polo diario La Región, e ao acto de presentación asistiu Maribel Outeiriño, que fixo un percorrido polos feitos máis destacados da revista, sobre todo os vencellados con Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ao acto tamén asistiron o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández. Ao termo da presentación visitaron a mostra, á que tamén se incorporou o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal.