Ourense reduce a presión das unidades de críticos con dous pacientes menos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 106 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.027, o que amosa un leve descenso provocado polo maior número de persoas curadas hoxe. A presión asistencial presenta un equilibrio. Hoxe hai 47 (-3) persoas na UCI, e 164 (+1) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada segue na tendencia de contención. Hoxe hai 4 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 4 menos, ata os 262 casos totais. Os hospitais presentan hoxe unha mellora nas unidades de críticos. Contamos con 18 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (-2) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES