O Concello ven de aprobar a Tarxeta Benvida de Ribadavia para nenos e nenas nacidas ou adoptados/as en Ribadavia e que se empadroen no Concello.
Esta é unha das medidas nas que o Concello está traballando para potenciar o empadroamento e intentar frear a situación de perda poboacional agravada no ano 2020.
Ribadavia a 4 de maio de 2021.
O Concello de Ribadavia nunha aposta por fomentar a natalidade e potenciar as unidades familiares empadroadas na vila, pon en marcha esta “Tarxeta Benvida”.
Trátase así dunha axuda que pretende favorecer a natalidade, potenciar o empadroamento de poboación e reducir a despoboación no Concello de Ribadavia.
Este bono ten por obxeto axudar a cubrir as necesidades básicas do neno ou nena recén nacido/a ou adoptado/a. Ademais, tamén desde o Concello agasallamos aos recén nacidos cunha cesta regalo de benvida.
– Características:
Axuda de 100€ por cada nacemento ou adopción de neno ou nena.
– Persoas destinatarias:
Nai ou pai empadroados que tivera un fillo ou filla ou que houberan adoptado un fillo ou filla.
– Requisitos:
Nais e pais empadroados/as no Concello de Ribadavia, ou que se empadroen durante 2021 coa intención de residencia e permanencia.
A intención do Concello é manter estas axudas beneficiando aos recén nacidos que se empadroen durante 3 anos.
Así, como mínimo deben permanecer empadroados/as a nai, o pai e o neno/a ata 31 de decembro do ano en curso, e de non cumprir este requisito deberán devolver a axuda.
– Adhesión de establecementos:
Abrirase un prazo para os establecementos do municipio de Ribadavia (que vendan productos relacionados con recén nacidos/as), que queiran ser partícipes no obxeto das compras desta axuda. Unha vez rematado elaborarase un listado de establecementos, que se adxuntará xunto coa folla de solicitude a todos/as os/as solicitantes.
– Obrigacións dos beneficiarios:
Realizar o gasto da axuda concedida nos establecementos do comercio local do Concello de Ribadavia facilitados no listado que se anexará na resolución de concesión da axuda.
Xustificar o gasto da axuda concedida nos establecementos locais coa presentación dos tíckets ou facturas correspondentes ata ó 31 de decembro de 2021.
– Compatibilidades:
Esta axuda será compatible con outra de similar concepto ou finalidade de calquera outra administración pública.
– O Concello de Ribadavia nestes dous meses ten priorizado un investimento importante coa aprobación de diferentes axudas, tales como:
1. Neste momento aínda está en vigor o prazo de solicitude para Axudas a autónomos, hostalería e viticultura. Remata o prazo o venres.
2. Así mesmo, desde o día 1 de xuño ata final de ano as familias de Ribadavia que máis o necesitan percibirán unha axuda mensual para gastos básicos do fogar como: auga, luz, aluguer, calefacción, alimentación ou vestimenta.
Todas as axudas do Concello nestes dous meses teñen en conta a situación poboacional preocupante que vive Ribadavia, e pretenden potenciar o empadroamento e intentar frear a situación de perda poboacional de Ribadavia agravada no ano 2020.