CxG propón a Fundación Benigno Quiroga como marco de reactivación económica

CxG presenta para o Pleno Ordinario desde mes de Maio, unha Moción para que a Fundación Benigno Quiroga de Punxín sexa o marco dunha primeira reunión  para reactivar a economía na Comarca Carballiño- Ribeiro.

Nesta primeira xuntanza propoñen a participación dos presidentes das Mancomunidades de Carballiño e o Ribeiro, dos presidentes  dos polígonos industriais e alcaldes e presidentes das asociacións de comerciantes de ambas comarcas.

AVANTAR ACTIVIDADES

CxG estima que 19 municipios  que compoñen ambas comarcas e 45.000 persoas que as conforman  teñen que loitar en conxunto e implicarse máis no seu futuro. A mesma xuntanza, que se celebrará a mediados de xuño, terá como invitados a técnicos da Conselleria de Industria e Comercio do Goberno vasco, así como un representante do Parlanento Europeo do PNV.