O Carballiño sobe un contaxio ata os cinco casos activos, sendo o único concello da comarca con covid-19

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ós 5. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño que hoxe continúa a ser o único concello da comarca con coronavirus.

O Carballiño rexistra hoxe 5 positivos, un contaxio máis ca na xornada de onte.

AVANTAR ACTIVIDADES

E os demais concellos,  Boborás, Maside, O Irixo, Beariz, Piñor, Punxín, San Cristovo de Cea e San Amaro están libres de coronavirus.

Todos os concellos están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.