Ourense reduce os casos activos e tamén a presión en coidados intensivos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 197 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.072, o que amosa un leve ascenso de apenas unha decena de persoas, facendo destacar as persoas curadas desta xornada. A presión asistencial presenta un equilibrio. Hoxe hai 48 (=) persoas na UCI, e 149 (-3) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un descenso de casos. Hoxe hai 13 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 8 máis, ata os 271 casos totais. Os hospitais presentan hoxe unha estabilidade. Contamos con 15 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES