O concello remitiu 324 multas á Xunta polo incumprimento das medidas pola covid-19

O alcalde do Carballiño asegura que non hai problemas ca tramitación das multas interpostas polo incumprimento das medidas dacovid-19. Afirma que mediante o convenio asinado ca
Xunta, o concello remitiu xa 324 denuncias das que xa foron instruídas 54 e que xa se comezaron a pagar esta mesma semana. O proceso, recalca, pode ser máis lento polo volume de sancións que ten que asumir a Xunta.

Francisco Fumega asegura que todas as multas interpostas dende o 2019 xa chegaron ou están para chegar e recalca que non se paraliza ningunha por intereses persoais. Con respecto á situación vivida a pasada fin de semana cas aglomeracións nun local do Carballiño, Fumega considera que non é o momento de permitir esas situacións e que a Policía Local ten a autoridade suficiente para facer cumprir as medidas actuais.

AVANTAR ACTIVIDADES