Nova xornada de folga en H&M en contra do ERE

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A folga de Ourense do pasado 30 de abril, arrastrou ao resto das tendas de Galicia

Hoxe sábado 8 de maio, será a segunda xornada de folga do persoal de H&M de Ourense, en contra do ERE que aboca ao peche da tenda, a pesares de ser unha das máis rendíbeis do Estado español.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


Cando unicamente Ourense deu o paso (ademáis dos territorios vascos) o pasado 30 de abril, semellaba ser unha carreira en solitario contra unha multinacional. Sen embargo, precisamente desde Ourense, funcionou o efecto chamada, e a totalidade do resto das tendas de Galicia, acordaron adherirse á folga de mañá, polo que a folga de H&M en Galicia será total.
Mesmo noutras zonas do Estado español, as traballadoras tamén decidiron secundar paros, pasando por riba dos sindicatos (CCOO e UGT)) que impediron reforzar a mesa de negociaciòn con sindicatos de territorios como Galicia, Euskadi, Catalunya ou Aragón, que non alcanzabamos (por ser a nivel estatal) o grao de representación que a lexislación do PP (vixente a día de hoxe) requiría.


Mañá haberá folga nas 8 tendas de H&M de Galicia. E tamén os próximos 14 e 15 de maio.A tenda de Ourense estará pechada no horario de apertura. Ás 11:30 horas, e ata as 13:30, as traballadoras estarán concentradas diante da tenda, apoiadas e acompañadas por familias e representantes sindicais da CIG.