A Feira do Viño do Ribeiro presentará mañá o cartel da súa 58ª edición

A organización da Feira do Viño do Ribeiro (CRDO Ribeiro e Concello de Ribadavia) presentará mañá no salón de plenos do Concello de Ribadavia o cartel que anunciará a 58 edición, que este ano se celebrará o último fin de semana do Maio, os días 28, 29 e 30 de maio de 2021, en formato “híbrido”. O cartel foi creado pola artista gráfica Ari Quintas Núñez, formada na Escola de Artes Aplicadas e Deseño Antonio Failde de Ourense.

Este ano, debido á situación COVID, a principal novidade será a celebración do FVR nun “formato híbrido, no que se combinará un completo e variado programa de actividades presenciais con capacidade reducida e controlada, que revelarase en breve, cunha aplicación de internet na que terás toda a información, tanto sobre as adegas participantes e os colleiteiros como sobre a programación. Varias destas accións emitiranse a través da aplicación para que calquera persoa, independentemente de onde estea no mundo, poida seguir e coñecer o que se está a levar a cabo no FVR.

AVANTAR ACTIVIDADES