Gabriel Alén participa no acto de presentación do campionato final a 4 da copa Galicia de hóckey herba

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá no acto de presentación do Campionato Final a 4 da Copa Galicia de Hóckey  Herba categoría sénior masculino e feminino que se desenvolveu esta mañá no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Ourense.

Neste torneo, que se celebrará esta fin de semana, sábado 15 e domingo 16 de maio, no campo de Hóckey de Mariñamansa, participarán os equipos masculinos, Athletic Coruña H.C, C.H. Albor de Ourense, C.H. Cidade de Ourense e o C.H. Santo Cristo CSA de Ourense. Pola súa banda, os equipos femininos que competirán son o Athletic Coruña H.C, o C.H. Albor de Ourense, o Atlántico Hóckey de Vigo e  A.D. Ourense Hóckey Club.

AVANTAR ACTIVIDADES