Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 146 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.984, o que amosa un leve descenso. A presión asistencial mantense. Hoxe hai 46 (+1) persoas na UCI, e 163 (+11) ingresados nos hospitais.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha variación positiva. Hoxe hai 7 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto ó venres en 19 casos, ata os 253 casos totais. Os hospitais presentan hoxe unha leve baixada na presión ocupacional. Contamos con 15 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (-2) na UCI.