O Bng denuncia a nova lei de recuperación de terras agrarias do PP

Xosé Luís Rivas, “esta lei non pretende recuperar a terra agrícola, a terra agraria e agropecuaria, esta é unha Lei “pantalla” que quere agochar outros intereses.”

Xosé Luís Rivas, “na nosa lei do Banco de Terras as hectáreas tiñan vocación “agropecuaria” non como nesta lei que carga as tintas nas terras “agroforestais“.

AVANTAR ACTIVIDADES

 Mini Rivas e Noa Presas, deputados do BNG, xunto a Xacobe Ribeiro, veceiro do BNG en Leiro, denuncian nun encontro veciñal na Entidade Menor de Berán no concello de Leiro, a falta de obxectivos básicos da nova “lei de recuperación de terras agrarias” do PP  para a recuperación de hectáreas abandonadas e fixación de poboación no rural, co único interese de deixar o terreo a disposición das grandes multinacionais do sector, ENCE para o eucalipto e FINSA para o piñeiro.

O portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas, afirmou no encontro veciñal que esta lei non pretende recuperar a terra agrícola, a terra agraria e agropecuaria, esta e unha Lei “pantalla” que quere agochar outros intereses.

Esta é unha na lei presentada pola porta de atrás, afirma Mini, a través do grupo parlamentario do PP e non do Goberno, polo que non conta cunha memoria económica; unha lei á que o propio PP presentou 131 enmendas.

  Continuou dicindo o voceiro de agricultura que esta lei tería que ter pasado polo Consello Económico Social e someterse a “un amplo debate” social  cos sectores implicados, sen esquecer que deixa a mobilidade de terras ao “voluntarismo” e por outra banda, fai  pivotar toda a responsabilidade sobre un ente, AGADER, que non está dotado para estes labores.

Na nosa lei do Banco de Terras, lembrou Mini, as hectáreas tiñan vocación “agropecuaria” non como nesta lei que carga as tintas nas terras “agroforestais”. Polo que concluía o deputado do BNG afirmando  que a lei de recuperación de terras agrarias do PP, non é seria e confirma  “o abandono” do medio rural que tantas veces denunciou o BNG e o PP negou durante 12 anos.