A carballiñesa Ari Quintas crea a imaxe da 58ª edición da Feira do Viño do Ribeiro

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo concello de Ribadavia e o Consello Regulador, presentaron esta mañá o cartaz que representará a 58ª edición e o formato que terá a mesma. Este ano terá lugar os días 28, 29 e 30 de maio e será de formato híbrido, como explicou a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, con actividades presenciais e cunha aplicación móbil. 

Pola súa parte, o presidente do Consello Regulador, Juan Manuel Casares, calificou esta edición coma a “da transición”, recordando que a do pasado ano tivo que ser totalmente virtual.

AVANTAR ACTIVIDADES

A carballiñesa Ari Quintas foi a encargada de poñer a imaxe a este evento, ademais de ser a autora de numerosos cataces tanto para a Festa do Pulpo coma para as Xocivigas. Quintas explicou tamén en que se basou para este debuxo.

En relación ao cartel comentou que “a imaxe alude ao vínculo coa terra que agora máis que nunca reclama atención e respecto. O cariño, a fusión entre a natureza e as e os que a traballan. É unha aperta aos viñedos en agradecemento pola súa xenerosidade. Esa é a idea principal que quero transmitir con esta composición”.