«Castelao grafista (facsímile)» preséntase mañá na Sala de exposicións de Afundación en Ourense

Nesta mostra colaboran coa Obra Social de ABANCA a Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá mañá, martes 11 de maio, ás 10.30 h, a rolda de prensa de presentación da exposición «Castelao grafista (facsímile)», desenvolvida en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia. No acto estarán Teresa Saiz, directora da Fundación Gonzalo Torrente Ballester; Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes; Gabriel Alén Castro, delegado territorial da Xunta en Ourense; e Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación.

AVANTAR ACTIVIDADES

«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de xullo e poderase visitar de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados, domingos e festivos  de 12.00 h a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h. A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, na Sala de Exposicións de Afundación en Ourense poderanse ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Así mesmo, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 cubertas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

Evento Presentación da exposición «Castelao grafista (facsímile)»
Lugar Sala de Exposicións de Afundación en Ourense (Praza Maior, 4)
Data e hora Martes, 11 de maio, ás 10.30 h
  Asistentes Teresa Saiz, directora da Fundación Gonzalo Torrente Ballester Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Gabriel Alén Castro, delegado territorial da Xunta en Ourense Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación