Os nacionalistas amósanse sorprendidos polo enquérito publicado esta mañá polo Concello de Ourense, “véndeno como un estudo sociolóxico cando o que é realmente é un enquérito electoral”
Ourense, 11 de maio de 2021. A sorpresa no Grupo Municipal do BNG é maiúscula ante o “estudo sociolóxico” publicado polo Concello de Ourense esta mesma mañá na web municipal.
Un “estudo” que para o portavoz do BNG Luis Seara non é tal, “estamos diante dun enquérito puramente electoral e que Democracia Ourensana quere enmascarar como se fose un estudo sociolóxico e así xustificar o seu pagamento”.
“Se Jácome quere facer enquéritos a dous anos vista, que os pague el ou o seu partido, pero que non corran a cargo do orzamento asignado a Servizos Xerais”.
Para os nacionalistas resulta curioso que ademáis nas cuestións relativas ás valoracións políticas e aos propios candidatos, non se faga referencia ao coordinador do Grupo municipal do PP, e candidato nas pasadas eleccións municipais Jesús Vázquez, e sí se pregunte por Jorge Pumar. “Esto só se pode entender polo interese de JM Baltar en condicionar e teledirixir ao vindeiro candidato popular”.
Desde o BNG adiantan que veñen de pedir toda a información relativa ao expediente de contratación deste enquérito e mesmo se existen estudos anteriores elaborados por esta mesma empresa demoscópica.