O’Potiños e o concello inauguran unha exposición sobre Emilia Pardo Bazán

O concello do Carballiño, en colaboración ca asociación fotográfica O’Potiños, inauguraron esta mañá unha exposición na Casa Consistorial. Esta iniciativa forma parte da homenaxe preparada para conmemorar o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, escritora moi vencellada a este municipio. O concelleiro de cultura, Diego Fernández, agradeceu a colaboración dos fotógrafos participantes.

As imaxes fan un percorrido por aqueles lugares nos que transcorreu unha parte da vida e obra da escritora, dividida en cinco partes. O presidente de O’Potiños explicou o que se poderá ver. A mostra estará dispoñible todos os días, en horario de atención ó público.

AVANTAR ACTIVIDADES