Ribadavia mantén estables sete casos activos dende a pasada semana

O Ribeiro conta hoxe con 9 casos activos. Ribadavia presenta o máximo da comarca, mantendo sete casos activos dende a pasada semana. Cortegada conta hoxe con un caso activo, baixando os contaxios nunha persoa. Avión mantén un so contaxiado.

Os demais concellos, Beade, Arnoia, Leiro, Melón, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES

Todos os concellos están no nivel mais baixo de restricións, o medio-baixo, ao igual que os concellos da comarca do Carballiño.