Maside mellorará a calidade da auga nos depósitos de Gulfar e do Bolo

Publicidade ASPADISI

Unha vez aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 22 de abril de 2021, exponse hoxe ó público o proxecto da obra denominado “Mellora da calidade de auga potable dos depósitos de Gulfar e do Bolo mediante instalación dun sistema de cloración”, que contará cun orzamento de 48.387,20 €. O proxecto foi redactado polo enxeñeiro técnico Miguel Ángel Pérez Marquina.