O Servizo de Emerxencias captura 1.500 velutinas en 60 trampas en Ribadavia

Dentro da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias de Ribadavia destaca a campaña de trampeo, para raíñas das vespas velutinas, dende o 1 de marzo ata finais de abril, onde se capturaron 1.500 vespas nun total de 60 trampas das que teñen control. Non todas foron raíñas, xa que se retiraron catro niños primarios con todas elas obreiras.

O Servizo ofrece axuda ós concellos limítrofes para trampear conxuntamente colaborando directamente con Arnoia, Melón e Carballeda de Avia, entregando as primeiras trampas e o primeiro atraente. A finais do mes de maio deixarán o trampeo masivo e solo o farán nos puntos controlados polo Servizo de Emerxencias, ou por veciños con experiencia para evitar que caian nas trampas o resto de polinizadoras. A campaña retomarase no outono.

AVANTAR ACTIVIDADES