As historias da comarca: A Revista ” O Quince ” de Beariz

A revista cultural de Beariz “O Quince”, naceu hai 30 anos (1990) como unha iniciativa de colaboración cultural do Concello de Beariz coa comisión organizadora das festas patronais da parroquia de Sta. María de Beariz que se celebran o día 15 de agosto. Esta revista pretendía atraer lectores cos seus contidos exclusivos de carácter cultural e incluía publicidade de negocios locais e colaboradores que axudaban a financiar a súa edición e ao mesmo tempo as celebracións festivas.

Co tempo a revista pasou a ser independente das festas e o Concello asumiu integramente o custo da edición e prescindiu da publicidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

A revista conta cunha estrutura claramente diferenciada que inclúe as seguintes seccións fixas: Editorial; é unha declaración da intención concreta de cada edición. Premios Literarios: Esta sección publica os tres traballos gañadores do concurso literario do ano anterior. Artigos de investigación: Case sempre de carácter histórico e relacionados con Beariz ou tamén recompilacións da tradición oral. “Beariz hai anos”: fotografías antigas de Beariz, as súas xentes e costumes. “ Imaxes de Beariz”: apartado fotográfico relativo á actualidade bearicense con referencia a obras, paisaxes e tamén se publican nesta sección as fotografías premiadas no concurso de fotografías do ano anterior.

Máis Información ( Premer na Imaxe )

Número 30 da Revista O Quince ( Premer na Imaxe ) :