A Garda Civil do Carballiño detivo o E.M.S de 29 anos de idade e a D.M.S de 40 anos de idade o 29 de abril e a S.M.S e M.M.S de Ourense de 29 e 42 anos, como presuntos autores de catro delitos de roubo contra bens ocorridos en Ourense, durante o pasado mes de marzo onde se apoderaron de aparellos eléctricos nunha casa deshabitada no Irixo, ferramentas nun serradoiro de pedra en A Merca, cobre nun refugallo de Boborás e un balde dun tractor nunha granxa do Irixo.