O Paco Chao acollerá o primeiro torneo de Fase de Niveis de patinaxe artística

O pavillón anexo do Paco Chao será sede os días 22 e 23 de maio da I Fase de Niveis de libre do 1 ó 3 de patinaxe artística que organiza o Club Aehde O Carballiño ca Federación Galega de Patinaxe no que se darán cita 230 patinadoras e patinadores pertencentes a 28 clubs ás provincias de Ourense en Pontevedra. O evento será sen público pero poderase seguir por streaming na canle de YouTube do Club Aehde O Carballiño.

O horario será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 o sábado e o domingo de 10 a 14 horas. Esta é a primeira vez que se organiza un evento oficial destas características na provincia de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES